Ribeira organiza nas parroquias obradoiros sobre aplicacións móbiles para persoas maiores
venres, 17 de xaneiro do 2025
O concelleiro de Novas Tecnoloxías de Ribeira, Francisco Suárez-Puerta presentou este 16 de xaneiro un programa formativo obradoiros para botar luz sobre os usos e posibilidades das aplicacións móbiles. As sesións, enfocadas ás persoas maiores do concello, chegarán a todas as parroquias.
Suárez-Puerta sinalou que “estes obradoiros teñen como finalidade recortar a brecha dixital que separa ás persoas familiarizadas coas novas tecnoloxías das que non o están”, e tamén axudalas a que perdan o medo de interactuar e traballar con estes aparellos, “xa que ofrecen un amplo potencial para gañaren en apoderamento e en autonomía de cara ás xestións do día a día”. O edil engadiu que “son cursos moi básicos pero importantes por exemplo; para pedir unha cita para o médico, ler mensaxes e envialas, conectar cos familiares distantes, etc..”
Os cursos serán impartidos por Cibervoluntarios.org e a inscrición pódese facer na Aula CeMIT de Ribeira, chamando ao número 981 87 60 43, ou por correo electrónico. O mínimo de prazas para o curso son 8 e o máximo 14-15.
Obradoiro en Corrubedo
Programación: 16/01/2025 de 16:00 a 18:00 h (sesión 1)
17/01/2025 de 16:00 a 18:00 h (sesión 2)
Modalidade: Presencial
Enderezo: Centro Social Corrubedo (Rúa Colexio, 2-5)
Obradoiro en Olveira
Programación: 30/01/2025 de 16:00 a 18:00 (sesión 1)
31/01/2025 de 16:00 a 18:00 (sesión 2)
Modalidade: Presencial
Enderezo: Centro Social De Olveira (Lugar Sirves, 87)Obradoiro en Palmeira
Obradoiro en Palmeira
Programación: 13/02/2025 de 16:00 a 18:00 (sesión 1)
14/02/2025 de 16:00 a 18:00 (sesión 2)
Modalidade: Presencial
Enderezo: rúa Cruceiro de Cruces, 4 (Cafetería Casa Do Mar)
Obradoiro en Artes
Programación: 27/02/2025 de 16:00 a 18:00 (sesión 1)
28/02/2025 de 16:00 a 18:00 (sesión 2)
Modalidade: Presencial
Enderezo: Lugar Sego s/n (Centro Recreativo de Artes)
Obradoiro en Castiñeiras
Programación: 13/03/2025 de 16:00 a 18:00 (sesión 1)
14/03/2025 de 16:00 a 18:00 (sesión 2)
Modalidade: Presencial
Enderezo: Rúa dos Curros, 140 - Centro Social Castiñeiras
Obradoiro en Aguiño
Programación: 27/03/2025 de 16:00 a 18:00 (sesión 1)
28/03/2025 de 16:00 a 18:00 (sesión 2)
Modalidade: Presencial
Enderezo: r/Castelao s/n (Casa De Cultura de Aguiño)
Obradoiro en Carreira
Programación: 10/04/2025 de 16:00 a 18:00 (sesión 1)
11/04/2025 de 16:00 a 18:00 (sesión 2)
Modalidade: Presencial
Enderezo: Campos Carreira, s/n (Casa da Cultura de Carreira)
Obradoiro en Oleiros
Programación: 24/04/2025 de 16:00 a 18:00 (sesión 1) 25/04/2025 de 16:00 a 18:00 (sesión 2)
Modalidade: Presencial
Enderezo: Lugar Eirexa, 5 (Centro Social Oleiros)