Ribeira pon parte do seu pasado na Biblioteca Dixital de Galicia

venres, 21 de abril do 2017 Redacción

Manuel Ruíz, José Antonio Otero e Marina García durante a entrega da documentación nunha imaxe de La Voz de Galicia

O Concello de Ribeira anunciou esta semana a vindeira dispoñibilidade de importantes documentos históricos de seu a través da Biblioteca Dixital de Galicia, onde poderá consultalos a cidadanía interesada na orixe e nos principais feitos acontecidos acontecidos dende aquela no termo ribeirense. O anuncio foi dado no transcurso dunha xuntanza entre o alcalde, Manuel Ruíz, e a subdirectora xeral de Arquivos da Xunta, Marina García. Durante a reunión, na que tamén participou o arquiveiro, José Antonio Otero, o rexedor entregou entregoulle á subdirectora xeral un disco duro con documentos históricos previamente dixitalizados polo Concello.
Entre estes arquivos figuran os libros de actas de entre 1862 e 1960, os padróns de habitantes do devandito período ou o libro de emigrantes, materializado entre as décadas dos 20 e os 30 do século pasado.
Estes documentos van ser acubillados en Galiciana – Biblioteca Dixital de Galicia, o servizo de documentación accesíbel da Consellería de Cultura (de feito, a consulta que poderá facer a cidadanía dos recursos achegados polo Concello de Ribeira será libre e aberta). A intención do Goberno local de Manuel Ruízo é seguir avanzado na dixitalización de arquivos de seu.

PUBLICIDADE