Ricoh presenta unha cámara deportiva de grande resistencia

venres, 12 de setembro do 2014 Marcus Fernández

Os competidores de GoPro non cesan de achegar ao mercado novas cámaras deportivas cada vez máis completas e cunha mellor relación calidade-prezo para animar aos consumidores a atreverse a adquirir trebellos alternativos, e dentro desta guerra chega agora a Ricoh WG-M1, unha cámara que sen precisar dunha carcasa adicional pode resistir auga, frío e impactos, contando incluso con Wi-Fi e pantalla LCD de 1,5 polgadas.
Temos así unha cámara de 14 Mpíxeles que pode disparar até 10 fotografías por segundo e gravar vídeo a 1.080p (a 30 cadros por segundo) que grazas á súa lente de ángulo ultra amplo consegue unha sensación de profundidade realista. Non lle faltan accesorios para facilitar a montaxe da cámara nun casco, no pulso, nunha superficie metálica... Sairá á venda en outubro a un prezo recomendado de 299,95 dólares (231,67 euros).


Vídeo promocional da nova cámara deportiva de Ricoh

PUBLICIDADE