Ricoh presenta unha nova cámara réflex compacta e resistente

xoves, 26 de xaneiro do 2017 Marcus Fernández

Ricoh anunciou a súa nova cámara réflex ultra-compacta e altamente portátil PENTAX KP, que está pensada para o seu uso en exteriores (é moi resistente ás inclemencias do tempo) e destaca polo seu sensor CMOS APS-C e a tecnoloxía Shake Reduction II (SR II) que compensa o tremor da cámara median un mecanismo de 5 eixes.
O máis rechamante do sensor CMOS de 24 Mpíxeles da PENTAX KP é que pode funcionar en condicións de moi pouca luminosidade, sendo capaz de disparar cun ISO de 819.200, converténdose nunha cámara ideal para as fotografías nocturnas.
Para conseguir que esta cámara fose tan compacto foi preciso un redeseño total do seu interior, para conseguir unha cámara réflex que fose moi delgada e conservase un agarre cómodo. Non só consegue soportar bastante ben as agresións externas, senón que incluso opera a temperaturas de -10 graos centígrados.
A pantalla LCD desta cámara pode abaterse, facilitando así o disparo de fotografías en posicións difíciles; integra Wi-Fi para poder sincronizar a cámara cunha aplicación móbil; pode gravar vídeo Full HD; e sairá á venda nos EE.UU. o vindeiro 25 de febreiro a un prezo recomendado de 1.099,95 dólares.

PUBLICIDADE