Rise of the Tomb Raider estrea Modo Aguante

martes, 29 de decembro do 2015 Marcus Fernández

O xogo Rise of the Tomb Raider para Xbox One comeza a ampliar a súa experiencia mediante contido descargable que pode adquirirse de xeito independente ou a través do seu pase de tempada, sendo o primeiro destes novos modos de xogo o Modo Aguante, que pode adquirirse dende hoxe a un prezo de 9,99 euros e que será o desafío definitivo da muller contra a natureza, xa que Lara Croft deberá sobrevivir soa no bosque, rastreando, saqueando e fabricando para sobrevivir ás duras condicións climáticas do día e ás letais ameazas da noite (tanto humanas como salvaxes).
Non chega con cazar un pouco para sobrevivir, senón que será preciso conseguir combustible para facer lume, o frío pode ser mortal, o alimento pode restablecer a saúde... pero para esta loita pola supervivencia haberá que comezar sen nada, polo que será todo un reto saír adiante conseguindo manter os niveis necesarios de armamento, alimento e calor para poder sobrevivir para ver un novo amencer.

PUBLICIDADE