RoBoHoN, o robotiño con funcións de smartphone

martes, 6 de outubro do 2015 Marcus Fernández

Dende o Xapón están a sorprender cun novo concepto de smartphone difícil de anticipar, pois Sharp está a preparar o lanzamento de RoBoHoN, un robot de só 19,5 centímetros de alto e 390 gramos de peso, que funciona cun procesador de catro núcleos a 1,2 GHz e conta con conectividade Wi-Fi N e 3G/4G, de xeito que poden funcinoar como teléfono móbil (podendo funcionar tamén en mans libres), como cliente de correo electrónico e como cámara (fotográfica e de vídeo). Adicionalmente pode camiñar (así como sentarse e bailar), serve de proxector (de fotos e vídeo), reproduce música, contará con aplicacións e podemos controlalo a través da súa pantalla táctil ou directamente coa nosa voz.
Este rechamante produto está previsto que poida mercarse no Xapón na primeira metade de 2016, non quedando nada claro se rematará converténdose nun xoguete para nenos ou nunha rareza propia do mercado xaponés.

O RoBoHoN, pese á súa aparencia, pode funcionar como un teléfono móbil tradicional
O seu uso como cámara pode resultar moi práctico
A integración dun picoproxector é un detalle máis que salientable do RoBoHoN

Presentación en vídeo do RoBoHoN de Sharp

PUBLICIDADE