Roblox chegará a consolas PlayStation
venres, 8 de setembro do 2023
O fenómeno de
Roblox non para de medrar, e tras anunciarse en xullo que estaba a
preparar a súa chegada a dispositivos Meta Quest, agora engaden durante a
Roblox Developers Conference que Roblox tamén
terá versión para consolas PlayStation 4 e 5 a partir do mes que vén.
Dado que Roblox xa leva moito tempo presente en
Xbox One e Xbox Series X|S, podemos entender que a súa adaptación a
consolas PlayStation pode realizarse sen esforzo e sen ter concesións, polo que
as experiencias nas consolas de Sony serÃa completas (mentres que nos
dispositivos de realidade virtual espérase que teñan algunhas limitacións
provocadas polo cambio de interface).
Temos asà que esta plataforma que tanto éxito ten entre a rapazada só estarÃa
pendente de chegar a unha plataforma importante, a Nintendo Switch, aÃnda que
resulta difÃcil adiviñar se realizarán tal lanzamento nos vindeiros meses ou
preferirán agardar á renovación da consola de Nintendo (prevista para o ano que
vén).