Roblox ten menos actividade da anunciada e pode converterse nun inferno para os menores
mércores, 9 de outubro do 2024
Tras converterse en todo un fenómeno, Roblox está agora baixo o punto de mira, xa que un informe da firma de investimento Hindenburg Research acusa a compañÃa de falsear os seus resultados e de non protexer axeitadamente aos cativos (o seu público principal).
Dende Hindenburg Research son bastante duros ao lanzar as súas acusacións, afirmando que Roblox converteuse nun «inferno pedófilo clasificado X» expondo á cativada a pornografÃa, violencia, acoso... poñendo incluso exemplos do funcionamento neglixente da plataforma (como o caso dun home de 29 anos pillado pola policÃa tras acosar a 150 menores, violacións e secuestros a menores captados en Roblox ou varios grupos nos que se solicitaban abertamente favores sexuais e se comerciaba con pornografÃa infantil).
Hindenburg asegura que Roblox está a enganar aos investidores ao dar as súas cifras de persoas na plataforma, esaxerando a cantidade entre un 25% e un 42%, mentres que a cantidade de tempo que destinan a Roblox estarÃa inflado un 100%. A manipulación dos datos terÃase realizado contabilizando como varias persoas a usuarios con varias contas e incluso a contas bot. Salientan que a compañÃa manexa uns datos de cara ao público e outros para a toma de decisións internas, polo que o engano serÃa plenamente consciente.
A firma de investimento calcula que Roblox ten uns 30,4 millóns de usuarios diarios activos, que dedican uns 22 minutos ao dÃa a xogar na plataforma, datos que non son nada malos, pero que están moi lonxe das declaracións da compañÃa asegurando que en 2023 cada usuario (79,5 millóns) pasaba 2,4 horas de media en Roblox.
O que resulta máis rechamante é que Roblox non deixa de incrementar as súas perdas operativas anuais dende 2019, acumulando unhas perdas de 3.500 millóns de dólares, polo que é difÃcil entender como é posible que sexa unha empresa cotizada en bolsa. En calquera caso, o seu valor actual é inferior ao de saÃda ao mercado, e non chegarÃa nin á terceira parte da súa cotización máxima, polo que podemos entender que xa non esperta confianza pese a terse erixido como un fenómeno cun grande potencial.