Rock Band con instrumentos, de oferta no que resta de mes
luns, 15 de xuño do 2009
- GameStop é unha das tendas que xa anuncia a nova promoción
Como xa acontecera en
abril, Electronic Arts oferta o seu xogo Rock Band con instrumentos por 99,95 euros nas súas versións para
Xbox 360, PlayStation 3, PlayStation 2 e Xbox durante a Quincena
Loca de Rock Band que ten lugar entre os días 15 e 30 de xuño.
O xogo con micrófono, guitarra e batería chegara inicialmente ás tendas
españolas a uns escandalosos 238 euros, pero foi reducindo o seu prezo
paulatinamente, en boa medida polo lanzamento de novas entregas tanto de Rock Band coma do seu competidor máis
directo (Guitar Hero).
Esta promoción pode entenderse como unha táctica para desfacerse do stock do xogo, para poder lanzar un kit semellante de Rock Band 2 ou incluso para facer sitio para o The Beatles Rock Band; aínda que tamén pode entenderse como unha
aposta importante por achegar novos usuarios a un xogo que centra boa parte do
seu modelo de negocio á compra de cancións soltas mediante descarga.