Rock Band lideras as vendas de xogos para o iPhone nos EE.UU.

xoves, 22 de outubro do 2009 Marcus Fernández

Esta semana chegou á App Store norteamericana unha adaptación do xogo Rock Band para os terminais táctiles de Apple, que está á venda por 9,99 dólares e que tamén inclúe a compra de cancións para ampliar o seu catálogo de 20 temas (todos versións orixinas).
Curiosamente, pese a non contar con versión de demostración nin ofertas conseguiu converterse no xogo máis vendido a través de iTunes, o que é todo un logro se lembramos que Tap Tap Revenge 3 é un título con moi boa acollida no iPhone e iPod Touch.
Haberá que agardar un tempo para coñecer os detalles das vendas do xogo, así como das vendas de contidos para o mesmo (que nas edicións de sobremesa de Rock Band resultan moi rendibles), aínda que dado que o lanzamento internacional deste xogo aínda non se desenvolveu pode ser prematuro entender que estariamos ante un dos xogos de máis éxito para iPhone e iPod Touch.