Rock Pegasus 210: novo ultraportátil con procesador Intel Atom
luns, 7 de abril do 2008
Os últimos procesadores de Intel comezan a chegar aos portátiles
que buscan unha especial portabilidade, coma o novo Rock
Pegasus 210, que integra un procesador Intel Atom A110 a 800 MHz, 1 Gb de
RAM, 80 Gb de disco duro, conectividade Wi-Fi, Bluetooth, modem 3G/GPRS que
acada velocidades de ata 3,6 Mbps, 3 USB 2.0, Ethernet, lector de tarxetas de
memoria e lector de pegadas dixitais.
O equipo funciona tanto con Windows XP Professional como con Vista Business
Edition, e se vende por 939,84 libras esterlinas (1.190,51 euros) na súa edición
básica. Mide 296 x 209 x 30 milÃmetros (o que lle permite contar cunha pantalla
de 12 polgadas cunha resolución de 1.280 x 800 pÃxeles) e só pesa 1,2
quilogramos.