Rocket League chegará a Xbox One a semana que vén
mércores, 10 de febreiro do 2016
O pasado 7 de xullo estreouse para PC e PlayStation 4 un
xogo bastante sorprendente, Rocket League,
que vén a ser unha mestura de xogos de fútbol e de condución (coñecido
vulgarmente como o xogo dos futcoches)
que resultou nunha experiencia de diversión pura e dura de grande aceptación en
todo o mundo, de aà que Psyonix decidise
traer agora o xogo a Xbox One, para o que contaron coa colaboración de Panic Button.
Rocket
League verá a luz en Xbox One o vindeiro dÃa 17
a un prezo de 19,99 euros, ou sexa o mesmo prezo que ten a
versión para PlayStation 4, que foi clave para o éxito deste tÃtulo, xa que
no
mes de xullo foi un dos tÃtulos incluÃdos en PlayStation Plus, de xeito que
millóns de usuarios puideron facerse con el sen custo adicional, o que creou de
vez unha grande comunidade de xogadores que convertéronse nos principais
prescritores deste xogo que inclúe compras na aplicación (polo que a súa
distribución inicial a través de PS Plus resultou bastante rendible).
Actualmente tamén podemos
mercar o xogo para PC a través de Steam a un prezo promocional de 12,99 euros.
No caso da Xbox One, os novos compradores do xogo recibirán de balde tres dos
paquetes de contido adicional que saÃron tras o lanzamento das anteriores
versións (Supersonic Fury, Revenge of the Battle-Cars e Chaos Run), asà como un par de vehÃculos
exclusivos (o Armadillo de Gears of War
e unha variación do Warthog baseada en Halo).
No garaxe do xogo tamén haberá numerosos elementos exclusivos de Xbox
(inspirados en xogos como Sunset
Overdrive).
VÃdeo no que se anuncia o lanzamento de Rocket League para Xbox One