Rocket League estrea o seu modo de baloncesto
martes, 26 de abril do 2016
O éxito de Rocket
League na competición en liña é innegable, e para manter o seu pulo os seus
responsables estren hoxe unha
actualización para as súas versións para Xbox One, PlayStation
4 e PC que converte ao xogo dos
futcoches nunha especie de xogo de baloncesto, de xeito que os vehículos de
propulsión terán que empurrar o balón para introducilo en cestas de baloncesto
en vez de porterías, o que supón un interesante cambio que abre a porta a novas
acrobacias aéreas.
A
distribución desta actualización tería que comezar esta tarde, pero hai
usuarios que xa a teñen dispoñible dende hai horas, de xeito que non son poucos
os xogadores que están a gozar agora deste novo estilo de baloncesto a motor do
que gozar ao xogar na arena chamada Dunk
House.
Entre os novos contidos descargables habilitados con esta actualización está o
feito de que os vehículos do xogo poden lucir unha bandeira da NBA, podendo
incluso elixir entre os 30 equipos de tal competición, de xeito que os
xogadores poderán vestir as cores do seu club favorito.
Tráiler da nova actualización de Rocket League