Rocksmith permitiranos xogar cunha guitarra de verdade dende o 27 de setembro
venres, 24 de agosto do 2012
AÃnda que as franquÃas de Guitar Hero e Rock Band
desapareceron do mercado despois dunha sobreexplotación das súas marcas, os xogos musicais continúan
vixentes, que incluso recollen o relevo do formato anterior e lévano máis
adiante con tÃtulos como Rocksmith,
xogo que o 27 de setembro chegará a Europa en versións para Xbox 360 e
PlayStation, para achegarse tamén ao PC o 18 de outubro, e que destaca fronte
aos seus antecesores por non controlarse cunha guitarra de plástico, senón que o seu control é unha guitarra eléctrica real
que se conecta ao PC ou á consola mediante un adaptador, de xeito que as
partidas que xoguemos serán auténticos adestramentos para aprender a tocar unha
boa selección de temas musicais.
- Un adaptador permite conectar unha guitarra eléctrica á consola ou ao PC
Para que os usuarios principiantes non se frustren, o xogo adapta o seu nivel
de dificultade, de xeito que irase evolucionando pouco a pouco ata ser capaz de
tocar realmente as cancións do xogo, entre as que figuran temas moi
variados como (I Can’t Get No)
Satisfaction dos Rolling Stones, Are
You Gonna Go My Way de Lenny Kravitz, Boys
Don’t Cry de The Cure, In Bloom
de Nirvana e Vasoline dos Stone
Temple Pilots.
Para poder gozar de Rocksmith tanto
poderemos empregar unha guitarra eléctrica que tiveramos comprado con
anterioridade ou adquirir directamente un dos lotes do xogo que, aparte do
convertedor jack-USB, incluirá unha guitarra por uns 200 euros.
- O xogo ten unha mecánica moi semellante á de Guitar Hero
Trailer do xogo estreado co gallo da Gamescom