Rockstar Games estrea lanzador de xogos para PC
mércores, 18 de setembro do 2019
As
grandes compañÃas de videoxogos para PC tenden a crear cadansúa tenda en liña
en forma de aplicación de escritorio dende a que poder mercar xogos, instalalos
e xestionar as súas actualizacións, e o último estudio en dar tal paso é Rockstar
Games, que vén de estrear un
lanzador de aplicacións para Windows que permite xestionar os seus xogos
(incluso aÃnda que se adquirisen noutras tendas dixitais), incorporando gardado
de partidas na nube, actualizacións automáticas e, como grande reclamo, por
tempo limitado facilita a adquisición de balde do clásico Grand Theft Auto:
San Andreas.
Polo momento a tenda dixital no Rockstar Games Launcher limÃtase a ofrecer Grand
Theft Auto V, Grand Theft Auto: Vice City, L.A. Noire, Max Payne
3, Grand Theft Auto III, Bully e o mencionado Grand Theft
Auto: San Andreas, pero tamén serve para adquirir cartos virtuais para Grand
Theft Auto Online e para canxear códigos de compra, polo que é unha
plataforma prometedora, xa que facilita que sexa a propia Rockstar a que teña o
control sobre a comercialización dixital dos seus produtos, o que pode supor
prezos puntuais máis axustados, pola eliminación de intermediarios.
- A tenda dixital do Rockstar Games Launcher aÃnda ten un catálogo moi limitado