Rogue Trooper, agora para Wii

mércores, 21 de xaneiro do 2009 Marcus Fernández

A Wii é a consola de nova xeración máis vendida, o que fai que pouco a pouco comecen a saír títulos orientados a un público adulto pola súa violencia, como o novo xogo de Digital Bros, Rogue Trooper: Quartz Zone Massacre que pretende recuperar ao personaxe de cómic de 2000 AD que en 2006 xa tivera xogo para PlayStation 2, Xbox e PC (e incluso fixera a súa achega aos ordenadores de 8 bits coma o Spectrum, o Amstrad CPC e o Commodore 64).
Este novo xogo para Wii chegará ás tendas o 19 de febreiro, e repetirá a clásica historia do soldado creado por enxeñaría xenética que loita en Nu-Earth contra diversidade de inimigos á vez que busca a quen traizoou ao seu pelotón nunha operación que supuxo a morte dos seus compañeiros, que o acompañan en forma de biochips integrados no seu casco, mochila e rifle.
O xogo pretende combinar acción e sixilo a través de 13 contornos diferentes no modo individual e 5 mapas multixogador.


Trailer do xogo de Rogue Trooper para Wii