Roland presenta un estudio sonoro portátil que incluso funciona cun iPhone
martes, 20 de xaneiro do 2026
Pensando nos creadores de contido Roland presenta o seu Go:Mixer Studio, unha interface e mesturadora de audio para quen precisa unha boa calidade sonora nun formato compacto. Deste xeito achégase son con calidade de estudio a calquera parte, facilitando asà que os creadores de Instagram e TikTok ou músicos poidan realizar gravacións en mobilidade.
O dispositivo permiten capturar son en alta resolución, dende varias entradas, aplicar efectos de ecualización e coa posibilidade de control dende un equipo informático ou incluso a través dunha aplicación para iOS (podendo asà realizar gravacións con vÃdeo dende un iPhone ou un iPad), facendo asà que gravar, editar e compartir un traballo sexa moi áxil e doado.
O Roland Go:Mixer Studio está equipado con 2 entradas XLR para gravar voces e instrumentos, unha entrada especÃfica para guitarra/baixo e entradas dun cuarto de polgada para un instrumento estéreo (como un teclado ou un kit V-Drums). Tamén ten unha entrada auxiliar para fontes estéreo adicionais, con TRRS para empregar audio bidireccional con dispositivos móbiles.
O dispositivo tamén permite monitorizar o son de distintos xeitos (toma dun cuarto de polgada para auriculares de estudio e minijack para auriculares con micrófono) e ten dúas saÃdas dun cuarto de polgadas para conectar altofalantes de estudio.
En total, o Roland Go:Mixer Studio conta con 12 canles de entrada e 6 de saÃda (3 pares estéreo), portos USB-C para conectar dispositivos e empregar alimentación independente, integrando incluso conexión para trÃpode, facilitando asà o seu uso en mobilidade.
Chegará en breve ás tendas a un prezo aproximado de 299 euros.
VÃdeo promocional do Roland Go:Mixer Studio
