Román RodrÃguez agradece ao CSIC o seu apoio á fábrica europea de intelixencia artificial en Galicia
mércores, 29 de outubro do 2025
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román RodrÃguez, agradeceulle hoxe á presidenta do Consello Superior de Investigacións CientÃficas (CSIC), EloÃsa del Pino, o seu respaldo para facer posible a Fábrica Europea de Intelixencia Artificial 1HealthAI, que se instalará no CESGA. Asà llo trasladou o titular de Ciencia da Xunta nunha xuntanza de traballo celebrada en Madrid, na que tamén participou a directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo.
A Fábrica de IA, un proxecto conxunto do Cesga e do CSIC, estará centrada nos ámbitos da saúde humana, ambiental e animal, e contará cun investimento de 82 millóns de euros procedente de fondos europeos, do Ministerio de Ciencia e Universidades e da Xunta de Galicia. Trátase dunha das seis novas fábricas europeas de intelixencia artificial que se porán en marcha en Europa, sumándose ás trece xa existentes no continente. A iniciativa contempla a adquisición de infraestruturas de supercomputación de última xeración e o desenvolvemento dunha plataforma experimental de IA optimizada.
