Román Rodríguez visita a firma robótica Binarial e anuncia axudas para sete empresas tecnolóxicas galegas
venres, 28 de novembro do 2025
O conselleiro de Educación e Ciencia, Román Rodríguez, acompañado da directora de GAIN, Carmen Cotelo, anunciou o rescate por parte da Administración autonómica de sete proxectos de empresas de alicerce tecnolóxico que non obtiveron financiamento estatal. Engadiu que a contía vixente mobilizada pola Xunta é de 1,6 millóns de euros. Fíxoo durante unha visita á sede de Binarial Automatización e Robótica, en Milladoiro (Ames), empresa beneficiaria desta liña de axudas (programa de recuperación da excelencia Neotec) que suma en total 11,7 millóns de euros e 37 proxectos de innovación apoiados dende 2021.
Con esta liña, a Xunta de Galicia rescata proxectos de sete empresas de base tecnolóxica de recente creación que non lograron financiamento en convocatorias estatais, “o que permite deste modo a súa viabilidade e crecemento”, sinalou.
Cun investimento de 1,6 millóns de euros cofinanciados pola Unión Europea no marco do programa Galicia FEDER 2021-2027, esta iniciativa mobiliza en total 2,67 millóns de euros en proxectos excluídos por insuficiencia de crédito do programa estatal do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e a Innovación (CDTI).
Román Rodríguez puxo en valor esta liña de axudas que está incluída “no paquete Activa I+G+i que lanzamos o pasado verán para apoiar a colaboración entre empresas e a transferencia efectiva de resultados, ao que destinamos preto de 53 millóns de euros a través de catro grandes convocatorias”.
Seguindo o dito fío, felicitou as sete empresas beneficiarias de Neotec entre as que se atopa Binarial, que recibe máis de 230.000 euros para desenvolver o seu plan de negocio durante os vindeiros dous anos. Explicou que no caso concreto da firma de Ames, o obxectivo “é desenvolver tecnoloxías de automatización e robótica para optimizar procesos industriais no sector da automoción e na industria da alimentación mediante intelixencia artificial”. Grazas a este apoio, Binarial prevé incorporar un novo investigador posdoutoral á empresa, que se sumará aos nove traballadores que desenvolven o seu labor actualmente nas sedes de Padrón e Ames.
Binarial, que xa ten participado na aceleradora de innovación Business Factory Auto e na convocatoria Fábrica intelixente e sustentable do Goberno autonómico, ten como produto estrela o robot autónomo móbil Troo, deseñado para mellorar a loxística interna das fábricas, especialmente na industria da automoción.
Apoio a 35 empresas con 11,7 millóns de euros
A través de Neotec, a Xunta leva apoiado a 35 empresas cun orzamento de 11,7 millóns de euros desde o 2021, co que se financian máis de 220 postos de traballo. Deste xeito, promóvese o crecemento das mellores firmas de base tecnolóxica na nosa Comunidade co obxectivo de converter a Galicia en rexión de referencia para impulsar startups innovadoras.
Nesta edición, as empresas apoiadas son as seguintes:
|
Nome da empresa |
Localidade |
Proxecto |
Axuda concedida |
|
ODS PROTEIN, S.L. |
O Porriño |
Produción de micoproteínas de para a industria alimentaria, mediante procesos fermentativos innovadores baseados nun microfungo. |
231.601,20 € |
|
DIVERSA TECHNOLOGIES, S.L. |
Santiago de Compostela |
Nanosistemas lipídicos para o transporte e liberación intracelular de ácidos nucleicos para unha terapia xénica en enfermidades raras. |
232.855,20 € |
|
AGUIA ANALITICA AVANZADA, S.L. |
Oleiros |
Evolucionar a tecnoloxía de análise automática de datos, utilizando visión artificial e intelixencia artificial sobre imaxes tomadas desde drons para coñecer o estado das infraestruturas e así mellorar os produtos comerciais. |
231.101,39 € |
|
BINARIAL AUTOMATIZACION Y ROBOTICA, S.L. |
Padrón/Ames |
Automatización e robótica para a optimización de procesos industriais no sector da automoción e na industria alimentaria. |
231.465,00 € |
|
AUVI SMART ELECTRIC, S.L. |
San Cibrao das Viñas |
Sistema de xestión de cargas para baterías extraíbles de vehículos eléctricos lixeiros, que permita a carga universal de baterías, crear modelos intelixentes de mantemento preditivo e acadar aforro enerxético e eficiencia operacional. |
215.700,00 € |
|
NEVENTECH, S.L. |
Sada |
Desenvolver tecnoloxía a medio prazo de Nevent e converterse nunha aplicación líder onde os asistentes poidan xestionar facilmente todo o relacionado cos eventos aos que asisten, mentres que os promotores poidan ofrecer un maior valor. |
231.026,40 € |
|
HEALTH BIOLUX, S.L. |
Santiago de Compostela |
Creación dunha bioimpresora baseada nun proxector de luz dixital, cun novidoso cabezal que permita unha alta resolución de 10 a 50 micras. |
228.864,00 € |
