Rouban á CNMC 240 GB de información sobre liñas móbiles

luns, 9 de decembro do 2024 Redacción

A Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) foi vítima dun ataque informático masivo que se saldou coa filtración de dous mil millóns de rexistros de datos sensibles correspondentes a titulares de telefonía móbil que este organismo custodia.
Fálase dun total de 240 GB de datos dos abonados de liñas telefónicas de España, o que supón unha ameaza tan grande que o Xulgado de Instrución número 27 de Madrid solicitou a súa inhibición por considerar que o asunto debía trasladarse a Audiencia Nacional con argumentos que aceptou a xuíza María Tascón, quen finalmente investigará o ciberataque por considerar que, aínda que a CNMC non é unha institución do Estado, si pode considerarse un alto organismo da nación.
Tardón recoñece que, aínda que é cedo para saber os obxectivos do ataque, está claro que «estamos ante un ciberataque masivo contra unha entidade que, pola súa vinculación coa estrutura do Estado e pola súa esencial función nos termos indicados, supón unha grave e indubidable afectación institucional, nun ámbito tan particularmente sensible e relevante para o seu funcionamento normal como é o control do correcto funcionamento, a transparencia e a existencia dunha competencia efectiva en todos os mercados e sectores produtivos, en beneficio dos consumidores e usuarios».
A CNMC non deu a coñecer publicamente os datos que se terían filtrado, pero dado que o número de rexistros é moi superior ao de liñas de móbiles activas (menos de 60 millóns) podemos entender que hai bastantes datos de carácter persoal, que podería afectar á meirande parte da cidadanía española.