Rueda destaca o potencial galego no eido da IA

xoves, 18 de xaneiro do 2024 Redacción

Hoxe tivo lugar un encontro da Comisión de Expertos para o Asesoramento en Intelixencia Artificial de Galicia, á que acudiu o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e onde salientou o potencial de Galicia para situarse á vangarda no impulso de novas tecnoloxías e das medidas que garantan un uso seguro e axeitado das mesmas.
Rueda puxo como exemplo a futura lei sobre intelixencia artificial na que se está a traballar o Goberno autonómico. Unha normativa que vai consolidar Galicia coma referente europeo no uso ético destas tecnoloxías e coma lugar atractivo para a inversión empresarial neste sector.
O presidente da Xunta agradeceu o labor de asesoramento desta Comisión e lembrou que o obxectivo último dos avances tecnolóxicos sempre ten que ser «mellorar a calidade de vida das persoas». Para iso, salientou, é preciso o traballo conxunto entre administracións, universidades e o tecido produtivo.

PUBLICIDADE