Rueda salienta a necesidade de xuntar a eAdministración cos “máximos estándares de seguridade”
mércores, 21 de outubro do 2015
- Mar Pereira, Alfonso Rueda, Marcos Mata e Víctor Salgado na inaguración das xornadas do CPETIG
A
inauguración da quinta Xornada
sobre Informática Xudicial que organiza o CPETIG este mércores
na Cidade da Cultura correu a cargo do vicepresidente da Xunta,
Alfonso Rueda, quen
salientou a necesidade de que complementar “cos máximos estándares
de seguridade” o pulo que se lle dá hoxe en día á Administración
Electrónica. Segundo fixo saber, “imos cara a un modelo no que
as comunicacións coa cidadanía e
as empresas coa administración canalízanse na súa totalidade a
través de sedes, rexistros e sistemas de contratación
electrónicos”.
Nese proceso, dixo, “xoga un papel fundamental a Axencia para a
Modernización Tecnolóxica de Galicia, como canalizadora de toda a
política TIC da Xunta”. Este traballo, engadiu, artellouse a
través do deseño e posta en marcha de novo servizos dixitais e,
tamén, mediante medidas complementarias de protección e salvagarda
dos datos e das tecnoloxías. Precisamente para isto púxose en
marcha a Comisión de Seguridade e Goberno Electrónico, informou
Rueda, que engadiu que os froitos primeiros desta Comisión “foron
a aprobación o pasado mes de xuño da política de seguridade da
información da Xunta de Galicia e o seu Plan Director de Seguridade
para os vindeiros cinco anos, con medidas orientadas á análise
previa dos riscos e cunha organización máis preventiva que
reactiva”.
Para o vicepresidente, a sociedade galega e os colectivos
relacionados coa Xustiza precisan “formación especializada perante
o medre deste tipo de delitos, que deben ser convenientemente
procesados nos órganos xudiciais, contando cos coñecementos
suficientes para comprendelos e analizalos en profundidade”.