SAP presenta a súa primeira aplicación para iPhone

mércores, 5 de decembro do 2007

Este martes o maior fabricante de software de xestión empresarial, SAP, presentou un programa dentro da súa solución de automatización para os procesos de venda que é compatible co iPhone, atendendo á popularidade do móbil de Apple, de xeito que os usuarios deste terminal poderán acceder á listaxe de contactos corporativos, información sobre vendas e datos das contas.
Estariamos ante o primeiro desenvolvemento de SAP para o iPhone, pois a compañía xa tiña presentes dispositivos BlackBerry, Palm ou Windows Mobile.

PUBLICIDADE