SDG Group reforza a súa aposta pola IA con Orbitae
xoves, 10 de abril do 2025
SDG Group, consultora tecnolóxica multinacional que ten en Santiago de Compostela o seu hub especializado en datos e IA para o sector público, vén de presentar a súa visión estratéxica sobre a IA no evento Decoding IA for Business Impact, que serviu de escenario para anunciar o nacemento de Orbitae, unha nova marca que representa a evolución na estratexia de IA de SDG Group.
Este desenvolvemento reflicte o compromiso de SDG Group por liderar a través da innovación e proxectar o seu coñecemento cara ao ecosistema internacional. «Inspirado nos corpos celestes que xiran arredor dun centro, o nome de Orbitae simboliza como os negocios deben manterse en constante movemento e aliñados arredor da intelixencia baseada en datos para non perder o rumbo», explica Antonio Torrado.
Orbitae representa unha evolución natural do compromiso de SDG Group coa innovación arredor da intelixencia artificial, consolidado cun investimento de máis do 16% dos ingresos en I+D. Este esforzo permite á compañÃa desenvolver propiedade intelectual propia, materializada en ferramentas de IA, aceleradores de solucións, patróns de deseño e marcos que permiten obter resultados máis rápidos e escalables. Orbitae tamén inclúe o ecosistema de alianzas estratéxicas en Intelixencia Artificial cos principais socios tecnolóxicos da industria.
Do mesmo xeito, Orbitae é tamén unha aposta polo talento. Con máis de 300 especialistas en IA e 2.500 consultores en todo o mundo, SDG Group prevé triplicar o número de expertos nesta área nos vindeiros tres anos, atendendo a demandas do mercado xa que «o ano pasado o noso negocio nesta área medrou un 56%, e iso permÃtenos facer esta previsión de crecemento. En paralelo, tamén triplicaremos o equipo de expertos en IA para que as necesidades da industria estean aliñadas co talento que podemos ofrecer ao mercado», conclúe Antonio Torrado.