SEGA Zone, unha curiosa consola de baixo custo para o verán

martes, 2 de febreiro do 2010 Marcus Fernández

De cara ao verán preparan unha nova consola de videoxogos de SEGA, que non sería precisamente de nova xeración, senón que tiraría polo retro, de xeito que por unhas 50 libras esterlinas (57,20 euros) podería mercarse incorporando 20 xogos clásicos de Mega Drive (coma Alex Kid, Golden Axe, Sonic and Knuckles ou Ecco the dolphin) e outros 30 xogos novos, dos que 16 funcionarían cun mando sensible ao movemento (en plan Wii) e que cubrirían deportes clásicos coma tenis de mesa, dardos ou golf. Esta consola responderá ao nome de SEGA Zone, pero non é o único produto deste tipo vendido baixo licenza de SEGA, senón que actualmente tamén está á venda unha revisión da SEGA Mega Drive con 15 xogos integrados por 49,90 euros.

A SEGA Zone permitirá gozar de vellos títulos de Mega Drive
Esta curiosa consola tamén contará con mandos con control de movemento como a Wii

PUBLICIDADE