SEGA anuncia un recompilatorio de xogos de Dreamcast para Xbox 360 e PC
venres, 14 de xaneiro do 2011
Tras moitos meses
con rumores sobre a chegada de múltiples xogos clásicos da consola SEGA
Dreamcast á Xbox 360 de Microsoft, finalmente SEGA
anuncia que vai lanzar Dreamcast
Collection, un paquete que o vindeiro 25 de febreiro chegará ás tendas
en formato fÃsico tanto para Xbox 360 como para PC (aÃnda que tamén agárdase
unha comercialización como descarga máis adiante) e que recollerá 4 xogos moi
representativos da consola de SEGA que precedera á PlayStation 2 e que está
considerada por moitos como a mellor videoconsola en relación ao seu tempo.
Os xogos da Dreamcast Collection
serán Crazy Taxi, tÃtulo con múltiples
conversións e secuelas que ilustran o seu éxito e que aÃnda pode verse nos
poucos salóns recreativos que quedan na actualidade; SEGA Bass Fishing, o xogo de pesca que sorprendeu a moitos e que
podemos entender como precursor do mando da Wii; Sonic Adventure, un dos tÃtulos clásicos da mascota de SEGA que
parece estar a vivir unha boa racha nos últimos meses (grazas a Sonic 4 e Sonic Colours) e Space
Channel 5: Part 2, un xogo de baile protagonizado pola reporteira
intergaláctica Ulala e que marcou unha época.
En vista da ausencia de tÃtulos como as dúas primeiras entregas de Shenmue, o excelente Jet Set Radio, o recentemente recuperado
cunha versión para iOS ChuChu Rocket
ou Virtua Fighter 2, parece probable
que de ter éxito, esta compilación poderÃa contar con novas entregas.

- SEGA Bass Fishing

- Sonic Adventures

- Space Channel 5: Part 2

- Crazy Taxi

- Carátula da versión de Xbox 360 da Dreamcast Collection
