SEGA presenta o PC más rápido do mundo
luns, 27 de decembro do 2021
Para dar a coñecer as súas rebaixas
de Nadal en Steam (con descontos de até o 85%) SEGA emprendeu unha orixinal
campaña na que presenta
o seu ordenador persoal máis rápido do mundo, creado en colaboración
con Intel e ASRock e que non presume de superar en desempeño a todos os PC do
mercado, senón que a súa velocidade é literal, xa que montárono sobre rodas
para facelo correr a 100 quilómetros por hora nun circuÃto de carreiras.
Este curioso ordenador persoal ten un procesador Intel Core i9-12900K, 32 GB de
RAM en dous módulos de 16 GB de DDR4-3200, 2 TB de SSD e unha gráfica ASRock
Radeon RX 6900 XT OC Formula 16GB montados sobre unha placa ASRock Z690M-ITX/ax,
e sortearase no Xapón incluÃndo 23 xogos de SEGA na tenda dixital Steam.
Queda agora por ver se outras marcas entran na competición e atrévense a
presentar ordenadores persoais que vaian máis rápido.
VÃdeo promocional do PC máis rápido do mundo de SEGA