SIVSA transformou xa máis de 150 procedementos empresariais dende o seu Centro de Automatización
xoves, 4 de agosto do 2022
A
empresa tecnolóxica SIVSA,
referente galego en novas tecnoloxías, fixo este mes de xullo un
balance da actividade xerada dende o seu Centro de Excelencia de
Automatización, un servizo dende o que se transformaron cara a
meirandes eficiencia e a simplifación máis de 150 procedementos en
clientes dun amplo abano de sectores (saúde, banca, seguros,
comercio retallista, telecomunicacións ou motor).
“O
balance é moi positivo”, sinala a empresa viguesa, que salienta
que logrou un aforro medio de entre o 40 e o 60 por cento en tarefas
tan diversas como a creación de historiais médicos, a análise de
solicitudes de préstamos, a tramitación de sinistros, a xestión de
envíos loxísticos ou a provisión de liñas para portabilidades.
“En todas as empresas e sectores, sen excepción, existen procesos
que poden optimizarse con solucións de automatización”,
explicaron dende SIVSA, engadindo que “nun escenario altamente
competitivo como o actual, a incorporación de tecnoloxías de
automatización de procesos converteuse nunha ferramenta con grandes
beneficios a curto prazo, tanto para as grandes corporacións como
para as pequenas empresas”. Isto é así porque estas ferramentas
permitan aumentar o control e a calidade dos procesos, reducir os
custos operativos ou ofrecer unha maior centralización e
estruturación da información, amais de potenciar a produtividade e
minimizar os erros.
O
Centro de Excelencia de Automatización de Procesos de SIVSA está
integrado por un equipo de vinte profesionais expertos nas
tecnoloxías máis avanzadas (UiPath e Power Automate). Os partners
tecnolóxicos son líderes no mercado de solucións de RPA, BPM ou
IA, “o que nos permite deseñar e implantar solucións sustentábeis
e a medida para os nosos clientes, que poden ser ademais
evolucionadas no tempo, conforme a novas necesidades”, engaden
fontes da empresa galega.