SNK anuncia unha NEOGEO mini
xoves, 10 de maio do 2018
Tras o éxito das NES e SNES mini e o anuncio doutras consolas
en miniatura que queren aproveitar esta onda nostálxica, chega SNK e dentro da
celebración do 40º aniversario da súa marca adianta que
está a preparar unha NEOGEO mini, que sería unha consola de videoxogos que
integraría 40 títulos da clásica NEOGEO que veu a luz en 1990 e dos que podemos
gozar tanto na súa pantalla integrada de 3,5 polgadas como nun televisor ou
monitor externo (xa que conta con saída HDMI).
Temos así unha especie de mini máquina recreativa, cun mando arcade e que verá a luz en dous modelos
distintos en función do mercado, que cambian na súa combinación de cores (en
Europa teremos un modelo en cores negra, branca e vermella, mentres que no
Xapón o deseño aposta polo branco, o negro e o azul).
Esta máquina recreativa compacta terá un tamaño de 162 x 135 x 108 milímetros,
pesará 600 gramos e, aparte da mencionada saída HDMI, tamén contará con tomas
para auriculares e para conectar até 2 mandos externos. Polo momento non
detallan nin a data nin o prezo que terá esta consola, aínda que
previsiblemente será bastante máis caras que as consolas mini que están
actualmente no mercado, tanto pola calidade do seu mando integrado polo feito
de contar con pantalla.
- A nova consola está inspirada nun modelo de máquina recreativa lanzado en 1990