Sae a demo de FIFA 10
xoves, 10 de setembro do 2009
EA SPORTS estreou
hoxe na
PlayStation Network e no
Bazar de Xbox LIVE a versión de demostración do agardado xogo FIFA 10, o xogo de fútbol chamado a
converterse en referente desta xeración de consolas de videoxogos (superando en
case todos os aspectos ao seu principal competidor, o Pro Evolution Soccer).
O FIFA 10 mellora o motor do xogo da
súa anterior entrega , incorpora numerosos cambios froito de peticións dos seus
seareiros, inclúe novidades coma o dribling
en 360 graos, defensas máis intelixentes, unha intelixencia artificial do
porteiro máis traballada, e moitos outros detalles dos que podemos ter un
adianto nesta demo que no caso da Xbox 360 ocupa 979 Mbytes e só pode
descargarse polo momento por parte de usuarios Gold de Xbox LIVE.
|