Sae á luz un novo número da revista Foeminas

xoves, 14 de febreiro do 2008

A revista virtual Foeminas, editada pola Concellería de Muller de Lugo e autocualificada como “revista virtual de xénero”, vén de chegar ó seu número 24, que xa se pode consultar en liña a través da web www.foeminas.lugo.es .
A través desta mesma ligazón, os internautas tamén poden acceder aos números anteriores da publicación de edición mensual e afondar nas entrevistas, reportaxes de actualidade e testemuñas que ofrece a publicación de xeito ameno e distendido.
Neste número, Foeminas ofrece, entre outras cousas, un artigo sobre os seus dous anos de experiencia na Rede, a través dun relatorio presentado no Congreso fundacional I+C Investigar a comunicación celebrado do pasado 30 ao 1 de febreiro de 2008 en Santiago de Compostela.

PUBLICIDADE