Sae a poxa un prototipo de consola creado por Nintendo e Sony
venres, 14 de febreiro do 2020
Estes
dÃas Heritage Auctions está a acoller unha poxa que posiblemente faga historia
converténdose no produto da industria do videoxogo polo que se chega a pagar
máis, xa que actualmente
ofrecen 350.000 dólares para facerse cun prototipo da consola na que estaban a
traballar conxuntamente Sony e Nintendo en 1992, que algúns coñecen como a
Nintendo PlayStation, aÃnda que realmente tratarÃase dunha consola Super
Nintendo con CD-ROM.
Esta consola era case un mito, e aÃnda que chegaron a construÃrse uns 200
prototipos, pénsase que estamos ante a única unidade que se conserva na
actualidade. Atopouse en 2009 e leva anos deixándose ver nalgúns eventos de
informática retro, converténdose en todo un obxecto de desexo, xa que
representa un momento moi importante da industria do videoxogo á vez que
trátase dun produto moi raro, por non ter chegado a comercializarse.
Esta máquina construÃuse nun intre moi especial, no que o mercado das consolas
de videoxogos estaba dominado por SEGA e Nintendo, e xurdÃa o CD como soporte,
o que soubo verse como unha oportunidade para a que Nintendo entendeu que un
fabricante como Sony poderÃa ser un bo aliado, aÃnda que rematou rachando o acordo
e optando por Philips como socio (alianza que facilitarÃa o nacemento da fracasada
consola Philips CDi).
Este contacto de Sony cos videoxogos serÃa o que propiciarÃa a creación da
PlayStation, marca que converterÃase no grande referente dos vindeiros anos, de
aà que un obxecto que represente este punto de inflexión sexa tan importante,
xa que marca un antes e un despois na historia dos videoxogos (tendo máis valor
que un prototipo de PlayStation orixinal pola súa condición de rareza case
mÃtica).
VÃdeo promocional da poxa