Sae á venda Conan Exiles para PS4, Xbox One e PC
martes, 8 de maio do 2018
A partires de hoxe está dispoñible para
PC, Xbox
One e PlayStation
4 o xogo Conan Exiles, co que Funcom
lévanos ao mundo de Conan o Bárbaro para vivir aventuras a través de áreas
masivas. O xogo lánzase oficialmente xa cun millón de unidades vendidas, xa que
era posible adquirilo en acceso anticipado na súa versión para PC e Xbox One,
aÃnda que coa chegada da versión para PS4 temos o lanzamento da súa versión
final.
Este xogo de supervivencia en mundo aberto experimentou moitos cambios durante
o seu acceso anticipado, chegando a dobrar o tamaño dos seus escenarios, recibindo
ducias de novas caracterÃsticas e mecánicas e incorporando enormes cantidades
de contidos, de xeito que o produto final é moi completo, para que os seareiros
da obra de Robert E. Howard atopen unha experiencia que consiga trasladar á
pantalla o mundo hostil, os combates desapiadados e as batallas épicas que caracterizaban
as aventuras do cimmerio máis célebre da literatura e o cine, que ata o momento
foi pouco afortunado no mundo dos videoxogos.
Conan Exiles non só permite explorar
un mundo de grandes dimensións no que procurar sobrevivir, senón que tamén permite
construÃr ferramentas e armas, dominar inimigos, formar un exército de escravos
e incluso roubar o poder de deuses tras ofrecerlles un sacrificio. AÃnda que o
xogo está centrado no xogo individual, tamén conta cun modo multixogador en
liña cooperativo.
Podemos mercar Conan Exiles en
edición dixital ou fÃsica a 39,99 euros para PC e 49,99 euros para consola,
existindo tamén unha edición para coleccionistas en formato fÃsico que inclúe
unha figura de Conan o Bárbaro de 15 centÃmetros, unha banda deseñada, 3 CD coa
banda sonora, un libro de ilustracións, un mapa, 6 bandas deseñadas dixitais, o
regulamento dixital do xogo de rol de mesa de Conan e o libro electrónico The Coming of Conan. Por desgraza esta
última edición non se distribúe oficialmente en España, aÃnda que si pode
conseguirse noutros paÃses europeos (por exemplo, en Francia ten un prezo de
79,99 euros na súa versión para consolas).

- A edición para coleccionistas de Conan Exiles carece de distribución oficial en España
Tráiler de lanzamento de Conan Exiles
