Sae á venda Injustice 2

venres, 19 de maio do 2017 Marcus Fernández

Cando os creadores da franquía de xogos de Mortal Kombatdecidiron achegarse as personaxes dos cómics de DC optaron por crear todo un universo paralelo, unha liña temporal alternativa, na que un Superman entolecido pola morte de Lois Lane supuña un antes e un despois, xustificando así o nivel de violencia preciso para un xogo de loita. Tal foi a acollida desta historia que a propia DC ten unha serie regular inspirada na mesma, de aí que fose inevitable que Injustice tivese unha secuela, e hoxe temos que por fin Injustice 2 sae á venda para Xbox One e PlayStation 4.
Este novo xogo retoma a historia xusto onde rematou Injustice: God Among Us, e pese a que Batman logrou derrotar o réxime de Superman, continúan soltos antigos partidarios do Home de Aceiro, sementando o caos por todo o mundo.
Batman ten que xuntar a un novo escuadrón de superheroes, e desta volta deberán evitar ameazas que chegan incluso doutros planetas, como Brainiac, un ser alieníxena de intelixencia superior que porá en perigo o planeta Terra.
Conta coa aparición de novos personaxes, como Blue Beetle e Supergirl, e tampouco falta un dos principais malvados do Universo DC, Darkseid. Como novos malvados tamén teremos a Atrocitus, Gorilla Grodd e Deadshot.

Tráiler de lanzamento de Injustice 2

PUBLICIDADE