Sae á venda Let’s Sing 10
venres, 20 de outubro do 2017
Hoxe
ve a luz para PlayStation 4 e Wii o xogo musical Let’s Sing 10, que o vindeiro 24 de novembro contará tamén con
versión para Nintendo Switch, converténdose no xogo de karaoke presente nas
consolas máis populares actualmente.
Let’s Sing 10 permite gozar de 35
grandes éxitos internacionais, tanto en modo para un xogador ou en modalidade
multi-xogador (ata 4 xogadores en Wii e PS4 e ata 2 en Switch), e como exemplo
destes temas musicais incluÃdos podemos citar El Amante de Nicky Jam, Sirenas
de Taburete, Vuela Corazón de
Dasoul, Hymn for the Weekend, Yo Quiero Vivir de Manuel Carrasco ou Are You With Me de Lost Frequencies. Un
catálogo moi variados que satisfará a un amplo abano de público.
A versión de PS4 permitirá que os usuarios pidan empregar os seus smartphones a
xeito de micrófonos valéndose dunha aplicación móbil (facendo asà máis asumible
o xogo, xa que non será obrigado adquirir os micrófonos oficiais), terá acceso
a unha tenda en liña de contidos descargables, e as mellores puntuacións
poderán compartirse en clasificacións en liña.
As versión para consolas de Nintendo son máis discretas, aÃnda que o feito de
que por fin a Nintendo Switch vaia contar cun xogo de karaoke moderno de seguro
que convence a moitos posibles compradores da consola para adquirila no Nadal,
xa que está a demostrar que conta co apoio de desenvolvedores externos, o que
garante unha diversidade de xogos moi superior á de Wii U.

- Listaxe completa dos temas incluÃdos no xogo
Tráiler de lanzamento de Let’s Sing 10
