Sae á venda a Nintendo Switch
venres, 3 de marzo do 2017
A Nintendo
Switch chegou hoxe as tendas, pero o feito de que fose posible reservar a nova
consola de Nintendo o número de unidades que podemos atopar no mercado é moi
reducido, o que xa se notou hai horas no Xapón, onde formáronse grandes colas
antes os establecementos máis coñecidos para ter que pendurar ao
pouco o cartel de unidades esgotadas, xa estamos ante unha das consolas con
maior demanda dende o lanzamento da primeira Wii, en boa medida porque a nova
máquina chega acompañada por un grande xogo, The Legend of Zelda: Breath of the Wild.
Onte mesmo liberouse o embargo para as análises do último xogo de Zelda, e a
valoración dos medios especializados en videoxogos de todo o mundo foi unánime,
conseguindo
unha puntuación media de 98 sobre 100, de xeito que poderÃa converterse nun
dos xogos con maior puntuación da historia, superando incluso a The Legend of Zelda: Ocarina of Time,
considerado por moitos como o mellor xogo da historia.
AÃnda que Breath of the Wild tamén
ten unha versión para Wii U, a versión para Nintendo Switch é considerablemente
superior ao correr sobre unha máquina máis potente, ofrecendo unha experiencia
sen precedentes, non só porque sexa posible gozar deste tÃtulo tanto no
televisor do salón como en mobilidade, senón polo feito de que sexa un xogo de
mundo aberto no que prima a liberdade e as posibilidades de exploración, que
complementan á perfección á misión principal e aos quebracabezas a resolver, de
xeito que cada xogador atopará xeitos diferentes de vivir a nova aventura de
Link.
Volvendo á Nintendo Switch temos que lembrar que trátase dunha consola que pode conectarse por HDMI ao
televisor a través dunha base, pero que tamén pode empregarse como consola portátil
xa que conta cunha pantalla táctil capacitiva de 6,2 polgadas de alta
definición. Os xogos poden cargarse en pequenos cartuchos, asà como instalarse
na propia consola (para o que recoméndase a adquisición dunha tarxeta de
memoria para ampliar o seu almacenamento interno duns moi limitados 32 GB),
mentres que o control está baseado nuns mandos extraÃbles chamados Joy-Con, que
serven para ofrecer un control completo a dúas mans, ou para repartirse entre
dous xogadores para poder gozar de modos de xogo colaborativos e competitivos,
aÃnda que para certos xogos será recomendable o emprego dun mando Pro na liña
dos gamepads que teñen o resto de consolas domésticas e que resultará
especialmente de utilidade para os xogos que fagan un uso intensivo da cruceta (ausente nos Joy-Con).
A Nintendo Switch cos Joy-Con acoplados mide 239 x 102 x 13,9 milÃmetros e pesa
398 gramos, ten conectividade Wi-Fi AC e Bluetooth 4.1 (sendo posible conectala
por cable Ethernet mediante un adaptador) e a súa baterÃa de 4.310 mAh pode
cargarse mediante USB-C (o que facilita o uso de baterÃas externas cando se
estea lonxe de tomas de corrente). Destaca o feito de que poida xogarse con
consola en 3 disposicións diferentes: conectada ao televisor, situada sobre a
mesa (cos Joy-Con separados) e en modo portátil (cos Joy-Con conectados). O seu prezo de venda oficial é de 329,99 euros, e aÃnda que en moitos mercados hai problemas para facerse con ela, en Galicia resulta bastante doado atopar unidades en establecementos fÃsicos.
VÃdeo promocional da nova Nintendo Switch
