Sae á venda a funda-billeteiro BookBook para iPhone 5
luns, 19 de novembro do 2012
Twelve
South leva un tempo trunfando grazas as súas fundas chamadas BookBook para
dispositivos como o MacBook Air, o iPad ou o iPhone que os
disfrazan de libro, protexéndoos e dándolles un aire vintage que moitos agradecen e que finalmente se adapta ao iPhone
5, de xeito que xa pode adquirirse por 59,99 dólares (aos que haberÃa que sumar
25 dólares en concepto de portes, polo que sumarÃan uns 66,46 euros) o BookBook para iPhone 5,
que fai tanto de funda como de carteira (conta con espazo para gardar ata 5 tarxetas
e un par de billetes), e está dispoñible en marrón ou negro.
Esta funda estaba a resultar moi agardada por parte de moitos usuarios do
iPhone 5 que xa gozaran do BookBook no iPhone 4/4S, que agradeceron tamén que
desta volta a funda conte cunha apertura para a cámara do móbil. O éxito deste
accesorio radica nun dobre valor: por unha banda está a estética retro e por outra temos que combinar
carteira e móbil nun único elemento dificulta que perdamos calquera dos dous.
- A funda dá ao iPhone 5 unha aparencia de vello libro de peto