Sae á venda o Nexus 5, estreando Android 4.4

xoves, 31 de outubro do 2013 Marcus Fernández

Tras numerosas filtracións e unha longa espera, nas últimas horas veu a luz a actualización 4.4 de Android, alcumada como KitKat, e que chega da man do novo smartphone insignia de Google, o Nexus 5, que xa figura en Google Play para a súa compra a un prezo de 349 euros para o seu modelo con 16 Gb de almacenamento Interno e de 399 euros con 32 Gb de almacenamento interno.
O Nexus 5 chega como un atractivo móbil cunha boa relación calidade-prezo (podemos velo como a versión económica do LG G2) coa grande vantaxe de contar con actualizacións controladas por Google. Presume dunha pantalla IPS de 4,95 polgadas cunha resolución de 1.920 x 1.080 píxeles con cristal Gorilla Glass 3, procesador Qualcomm Snapdragon 800 a 2,3 GHz con gráfica Adreno 330 a 450 MHz, 2 Gb de RAM, cámaras de 8 e 1,3 Mpíxeles (destacando a cámara traseira por contar con estabilización óptica de imaxe), 4G, Wi-Fi AC de dobre banda, NFC, Bluetooth 4.0 LE, SlimPort, batería de 2.300 mAh, carga sen fíos, un grosor de 8,59 milímetros e un peso de só 130 gramos (bastante axustado para un dispositivo das súas dimensións).
Estamos ante o móbil Nexus máis potente ata o momento, do que xa se esgotaron varias das súas versión (aparte de 2 capacidades, tamén se ven en dúas cores) podendo os máis afortunados facerse cun a partir do 8 de novembro.

KitKat é o alcume que recibe Android 4.4
O Nexus 5 destaca por ser delgado e lixeiro pese a contar cunha pantalla de grande tamaño e unha cámara con estabilización óptica de imaxe


Vídeo de presentación do novo Nexus 5

PUBLICIDADE