Sae á venda o novo Nokia 8110
mércores, 4 de xullo do 2018
Ao igual que o ano pasado Nokia xogou a carta da resurrección do Nokia 3310
para chamar a atención dos medios, este ano fixeron o mesmo co Nokia 8110, o famoso teléfono banana que tiña unha tapa deslizante protexendo o
seu teclado e que saÃa nunha versión modificada no filme Matrix.
Este novo teléfono
está equipado cun procesador Qualcomm 205, que tamén inclúe unha versión do
clásico xogo da serpe como un aceno aos amantes do modelo orixinal, e que
ofrece conectividade 4G para poder gozar de chamadas nÃtidas en redes modernas.
A súa pantalla ten resolución QVGA (240 x 320 pÃxeles) e a súa cámara de 2 MpÃxeles, no que
claramente busca ser un obxecto de coleccionismo, máis que un produto
funcional.
Conta cunha tenda de aplicacións moi limitada, na que están dispoñibles o
Asistente de Google, o buscador de Google, o servizo de mapas de Google,
Facebook e Twitter; tamén serve para sincronizar contactos, axenda e correos
electrónicos de Outlook e Gmail, pero carece de aplicacións consideradas
imprescindibles para moitos usuarios como WhatsApp.
Chega hoxe ás tendas a un prezo de 79,90 euros, tanto nunha discreta versión en
cor negra, como cunha carcasa en cor amarela que claramente xoga co feito de
que o teléfono tiña semellanza cun plátano.
- O Nokia 8810 poderá mercarse en cor amarela, respondendo mellor ao seu alcume de teléfono banana