Sae á venda para ordenadores e consolas o xogo Kona

venres, 17 de marzo do 2017 Marcus Fernández

Unha estraña tormenta de neve asola o lago Atamipek (ao norte de Canadá) en outubro 1970 e o detective privado Carl Faubert lánzase a explorar unha misteriosa vila, investigar sucesos surrealistas e enfrontarse aos elementos para sobrevivir. Esta é a proposta que fai a xente dos estudios Parabole no seu novo xogo Kona, primeira entrega de 4 xogos que forman un relato interactivo de intriga.

Este novo xogo chega hoxe a PlayStation 4, Xbox One e PC (con versións para Windows, macOS e Linux) a un prezo de 19,99 euros, o que xa dá a entender que estamos ante un título independente afastado dunha superprodución, o que implica que no poida resultar moi satisfactoria a súa inmersiva historia e, de feito, podemos considerar que estamos ante un relato interactivo que somerxeranos durante unhas 3-5 horas.

Kona sae á venda despois de estar un tempo en Acceso Anticipado na súa versión para PC, o que permitiu que moitos usuarios se achegasen a el antes do seu lanzamento, conseguindo moi boas críticas neste tempo, polo que os amantes deste tipo de títulos posiblemente teñan aquí outra peza imprescindible para a súa colección.

Tráiler de presentación de Kona

PUBLICIDADE