Sae oficialmente o Firefox 6 (tamén en galego)

mércores, 17 de agosto do 2011 Marcus Fernández

O Firefox 6.0 pode descargarse en galego para Windows, Mac OS X e Linux

Aínda que leva uns días dispoñible para a súa descarga, finalmente faise oficial o Firefox 6, nova versión do navegador de Mozilla que está a coller un ritmo de actualizacións extraordinariamente rápido e que nesta ocasión incorpora funcionalidades como destacar o nome do dominio das páxinas web que visitamos, dificulta a suplantación de páxinas web e, coma vén a ser habitual, corrixe fallos detectados, mellora distintas prestacións e incorpora novas versións dos estándares soportados. Por suposto, tamén está dispoñible en galego.