Saen á venda as consolas portátiles ROG Xbox Ally e Ally X
xoves, 16 de outubro do 2025
As novas consolas portátiles ROG Xbox Ally e ROG Xbox Ally X chegan finalmente ao mercado iniciando unha nova etapa na estratexia de Xbox para expandir a experiencia de xogo alén das plataformas tradicionais. Desenvolvidas en colaboración con ASUS e AMD, estas máquinas xa están dispoñibles en 45 paÃses e permiten aos xogadores levar consigo a súa biblioteca de tÃtulos, progresos, amizades e logros, tanto en xogos locais como en streaming desde consola ou nube.
Ambos modelos funcionan con Windows 11 Home e integran a experiencia Xbox en pantalla completa, a Game Bar e a biblioteca agregada, permitindo acceder a xogos de múltiples escaparates dixitais. A Xbox Ally X destaca polo seu procesador AMD Ryzen AI Z2 Extreme, 24 GB de RAM LPDDR5X-8000 e 1 TB de almacenamento SSD M.2, mentres que a Xbox Ally incorpora o chip Ryzen Z2 A, 16 GB de RAM LPDDR5-6400 e 512 GB de SSD. As dúas contan cunha pantalla IPS FHD de 7 polgadas a 120 Hz con tecnoloxÃa FreeSync Premium e protección Gorilla Glass Victus.
A autonomÃa tamén marca diferenzas: a Ally X ofrece unha baterÃa de 80 Wh fronte aos 60 Wh da versión estándar. En canto á conectividade, a versión X inclúe un porto USB4 con DisplayPort 2.1 e outro USB 3.2 Gen 2, mentres que a Ally opta por dous USB 3.2 Gen 2 con DisplayPort 1.4. Ambas dispoñen de lector de microSD UHS-II, Wi-Fi 6E, Bluetooth 5.4 e audio combinado de 3,5 mm.
Xbox ofrece tres meses de Game Pass Premium con cada compra, acceso a máis de 200 xogos e compatibilidade con Xbox Play Anywhere. A ROG Xbox Ally está dispoñible por un prezo de saÃda de 599 euros, mentres que a ROG Xbox Ally X parte dos 899 euros.
Este lanzamento non só representa unha nova etapa para Xbox, senón tamén unha aposta decidida polo futuro do xogo portátil sobre a base aberta e versátil de Windows, aÃnda que cómpre advertir que a capa de software que potencia esta revolución aÃnda está a medio cociñar, polo que é moi cedo para concluÃr se esta proposta poderá superar á de Valve coas súas consolas Steam Deck.
