Saen á venda os teclados para Mac con Touch ID
martes, 3 de agosto do 2021
Os
últimos iMac con procesador M1 introducÃan como curiosa novidade teclados
con lector de impresións dixitais, e agora Apple vén de introducilos no seu
catálogo como produtos que poden adquirirse de xeito independente, de xeito que
xa podemos
mercar por 185 euros un Magic Keyboard con Touch ID e teclado numérico e un
Magic Keybord con Touch ID (sen o mencionado teclado numérico) por 159 euros.
Ambos teclados funcionan sen fÃos e poden cargarse a través dun porto Lightning
(inclúe o cable adaptador de USB-C a Lightning), destacando polo feito de que só
son compatibles con equipos «Mac con chip de Apple» que funcionen con macOS
11.4 ou posterior.
O Touch ID permite iniciar sesión e realizar compras dun xeito sinxelo e
seguro, semellante ao que podemos facer en moitos móbiles con lector de
impresións dixitais, levando asà ao escritorio prácticas que normalmente reservábamos
para dispositivos móbiles.
- Apple vende os novos teclados en cor branca-prata con ou sen teclado numérico