Saints Row 2 terá unha edición especial para Xbox 360
venres, 29 de agosto do 2008
Superar ao Grand Theft Auto IV é algo case
imposible hoxe en dÃa, pero iso non quere dicir que non se poida utilizar o
enxeño para intentar quedar en boa posición, e a xente de THQ está a moverse
moito ao redor do Saints Row 2, que
aÃnda que non teña nada que facer contra o tÃtulo de Rockstar (ao
que non dubida en parodiar), está a captar moita atención e poderÃa
satisfacer a moitos usuarios deste tipo de xogos nos que tomamos o papel de
delincuentes.
- A actriz porno Tera Patrick é a produtora especial do xogo de THQ
Por unha banda, Saints Row 2 xa
achegou moitas miradas ao seleccionar
á actriz porno Tera Patrick coma produtora
especial, que fai un inestimable papel coma relacións públicas,
pois aparece en presentacións públicas do xogo (como na Comic Con de San Diego)
e incluso en ilustracións promocionais (coma o póster que apareceu na revista
Hobby Consolas). Pero a cousa non queda aÃ, e para seguir impresionando ao seu
público potencial, o xogo contará cunha edición
especial cunha caixa con forma de pistola na que se inclúe unha
memoria USB de 1 Gb con forma de bala (no que se gardarán contidos exclusivos),
aÃnda que este pack só estará dispoñible na versión de Xbox 360.
O xogo tamén sairá para PlayStation 3 e PC o vindeiro 17 de outubro.