Salientan que o Plan director do sector TIC incrementará a competitividade e a innovación
mércores, 4 de xuño do 2025
O secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez, e a directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, participaron hoxe nunha sesión de traballo co Clúster TIC, na que destacaron que o futuro Plan Director do sector das TIC contribuirá a incrementar a competitividade e a capacidade de innovación dunha industria considerada estratéxica para a economÃa galega. Subliñaron, ademais, a súa importancia como motor do avance doutros sectores produtivos.
Durante o encontro, os representantes do Goberno galego puxeron en valor a experiencia acumulada coa aprobación de dous plans directores anteriores (o da automoción e o do sector naval) e salientaron a relevancia destes instrumentos estratéxicos para o impulso da actividade industrial. Estes plans buscan fortalecer o tecido produtivo a través de accións orientadas a mellorar a competitividade, favorecer a internacionalización, avanzar cara á sustentabilidade e fomentar a innovación nos procesos.
En definitiva, trátase de contar cunha ferramenta elaborada de forma consensuada, que dea resposta efectiva ás necesidades especÃficas de cada sector. No caso das TIC, o obxectivo é acompañar as empresas no seu proceso de crecemento e transformación mediante medidas que, partindo dunha diagnose precisa da situación actual, lles permitan reforzar e ampliar a súa posición competitiva.
