Sam Altman asegura que cada consulta de ChatGPT só consome 0,32 mililitros de auga
mércores, 11 de xuño do 2025
Na última entrada do seu blog persoal, Sam Altman asegura que a intelixencia artificial avanzada xa é unha realidade, aÃnda que non na forma de robots para axudar en tarefas do mundo real, senón con ferramentas como ChatGPT, que amplifican a capacidade cognitiva humana de xeito que están a mellorar de xeito considerable a produtividade e o descubrimento cientÃfico.
Altman sostén que os avances en IA están a construÃr unha especie de cerebro para o mundo, que facilitará que moitas ideas interesantes poidan chegar a materializarse, xa que non terán os atrancos que habÃa ata o momento, como serÃa a dificultade para xuntar un equipo nunha startup que puidese converter en real un concepto.
Pero unha das afirmacións que fai Altman que está a captar máis atención é a relativa ao consumo da IA, que é unha das cousas que máis se lle bota en cara a esta tecnoloxÃa. Sen citar fontes, o máximo responsable de OpenAI asegura que unha consulta de ChatGPT ten un consumo enerxético aproximado de 0,34 watts/hora (o que consumirÃa unha lámpada de baixo consumo nun par de minutos) e un 0,32 mililitros de auga (a quinceava parte dunha culler de café).
Cómpre salientar tanto o feito de que os datos que sostén Altman non están avalados por ningún estudo, e principalmente buscan minimizar o consumo da IA (e desbotar afirmacións como que un correo electrónico escrito mediante IA consumirÃa unha botella de auga), pero incluso sendo precisos os datos mencionados, estamos ante un gasto enerxético e hÃdrico colosal, pois os servidores de ChatGPT teñen unha carga masiva.