Sam Altman confÃa en que o público non rexeite os contidos creados con IA
martes, 21 de outubro do 2025
O programa diario de tecnoloxÃa TBPN contou hai pouco coa presenza do máximo responsable de OpenAI, Sam Altman, quen estaba acompañado polo responsable do proxecto Sora (Bill Peebles), que está a converterse en todo un fenómeno viral nos EE.UU. ao facilitar a creación de vÃdeo mediante IA dun xeito que poderiamos comparar coa creación de vÃdeos curtos en TikTok.
O feito de que os contidos audiovisuais poidan ser creados mediante IA está a dar pé a moito lixo, pero Altman non parece moi preocupado por iso, e incluso defende que poderÃa chegar a imporse o contido creado con IA de ter calidade dabondo. Asegura que «o que realmente importa é que sexa algo bo, orixinal, reflexivo, novo, útil… sexa o que sexa. E tanto dá se ese contido o crea integramente unha persoa, unha intelixencia artificial ou, como penso que ocorrerá na maiorÃa dos casos no futuro, unha xeración asistida por ferramentas pero dirixida por humanos. Mentres o resultado sexa excelente, non creo que importe demasiado a súa orixe».
Altman apunta que «hai moito material escrito, debuxado ou gravado por humanos que é completamente derivativo e menos orixinal ca o que pode crear unha IA» matizando que «a longo prazo iso é o que marcará a diferenza: o público quere contido excelente». Pero matiza que «tamén quero que exista unha conexión humana» e «se un autor usa unha IA como ferramenta para mellorar o texto, perfecto», situación que pode trasladarse á creación de vÃdeo: «prefiro ver un feito por alguén que coñezo ca por un personaxe xerado por IA».
Un detalle moi significativo que salienta Altman é o feito de que a aplicación de Sora só amose contidos creados por IA, «un detalle sutil, pero moi importante, na maneira en que o público se relaciona con este tipo de contido».
Programa completo de TBPN coa presenza de Sam Altman e Bill Peebles
