Samba de Amigo chega a Nintendo Switch

mércores, 30 de agosto do 2023 Marcus Fernández

O xogo Samba de Amigo: Party Central chega finalmente a Nintendo Switch, recuperando todo un clásico de SEGA, aínda que desta volta se xogue sen as súas icónicas maracas. Este xogo de ritmo e festa inclúe 40 grandes éxitos musicais de distintos xéneros como I Love It de Icona Pop, Tik Tok de Kesha, La Copa de la vida de Ricky Martin ou Azukita de Steve Aoki, Daddy Yankee, Play-N-Skillz e Elvis Crespo.
Esta nova versión de Samba de Amigo conta tamén co modo para até 8 xogadores Fiesta Mundial; inclúe numerosos minixogos e desafíos; e para que a diversión dure o máximo posible poderá ampliar o seu contido mediante paquetes descargables que poden adquirirse adicionalmente e incorporan lotes de música de Sonic, de música xaponesa, etc.
Cómpre destacar que o xogo recibe de lanzamento un parche que incorpora correccións de erros e un par de temas de Pitbull entre os que destaca Let’s Take a Shot, que será un dos sinxelo do vindeiro disco do artista, previsto para o vindeiro 6 de outubro.
No outono Samba de Amigo tamén contará con versión para Meta Quest.

Tráiler de lanzamento de Samba de Amigo: Party Central

PUBLICIDADE