Samsonite lanza unha mochila que interactúa co noso smartphone
luns, 5 de outubro do 2020
Hai
uns anos Google anunciou unha colaboración con Levi’s dentro do proxecto
Jacquard para facer
realidade unha cazadora interactiva, produto que non parece ter trunfado
comercialmente, o que non fai que tiren a toalla, e tras lanzar unha mochila urbana de
Saint Laurent e soletas
para zapatillas deportivas de Adidas, atrévense agora cunha mochila
de Samsonite, á venda
por 219,99 dólares no seu formato normal e por 199,99 dólares no seu formato
delgado.
Estas novas mochilas teñen un espazo acolchado para poder transportar un
ordenador portátil con pantalla de até 15,6 polgadas, a súa tea repele a auga,
contan con numerosos petos para organizar o que transportemos, poden
transportarse comodamente nun portaequipaxe, inclúen peto lateral para poder
levar unha botella de auga e, como elemento diferencial, integran
unha etiqueta Jacquard, que permite conectar a mochila co noso smartphone para
realizar accións interactuando coa correa esquerda e recibir notificacións
LED.
Entre as funcións que podemos realizar está o disparo fotográfico, o uso da
navegación o control multimedia ou a xestión de chamadas mediante xestos
personalizables na zona interactiva da mencionada correa esquerda da mochila.
- Konnect-i é a primeira mochila de Samsonite con tecnoloxÃa Jacquard de Google