Samsung Ch@t350, o novo móbil básico orientado ás redes sociais
xoves, 20 de xaneiro do 2011
Comezan as
filtracións de produtos que poderemos ver o mes que vén en Barcelona durante o
Mobile World Congress, e un dos produtos dos que xa
circulan imaxes é o móbil Samsung Ch@t350, que sorprende por ser un
terminal con teclado QWERTY deslizante orientado ao acceso a redes sociais que
sorprende por funcionar cun sistema operativo propietario en vez de optar por
plataformas coma Android.
O Samsung Ch@t350 (ou C3500) conta coa interface TouchWiz na súa pantalla
táctil de 2,4 polgadas cunha resolución de 240 x 320 píxeles, incorpora cámara
de 2 Mpíxeles, radio FM con gravación, Bluetooth 2.1,Wi-Fi, microUSB e lector
de tarxetas microSD de ata 8 Gb. Este terminal cuatribanda tamén conta con
funcións de reprodución multimedia, soportando audio en MP3, AAC e eAAC e vídeo
en 3GP, H.263 e H.264. As súas dimensións son de 10 x 5,2 x 1,6 centímetros e agardamos
coñecer máis detalles sobre este dispositivo nun par de semanas.